CAMBADOS> O concello de Cambados fai unha valoración positiva das Festas do Albariño a pesar das restricións. A vila rexistrou unha cantidade importante de visitas o que favoreceron o traballo da hostalería. Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas destacaron a importancia de realizar a cata concurso como evento clave para o sector vitivinícola.
As Festas do Albariño volveron a adaptarse as restricións sanitarias. O festexo, declarado de interese internacional, non puido realizar algúns dos seus actos máis emblemáticos como son as casetas no Paseo da Calzada pero si celebrou diferentes actuacións que contaron cunha gran acollida.
Dende o concello valoran moi positivamente a realización das Festas do Albariño. De feito, a pesar das restricións, numerosos visitantes se achegaron ata o concello de Cambados.
Si se puido celebrar a cata concurso, o evento sobre o que xira toda a festa do albariño. Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas resaltaron a importancia deste evento para o sector vitivinícola.
Os concertos continuarán en Cambados a pesar do remate das festas. Tanto a Alcaldesa como o presidente do Consello Regulador desexaron que para o ano, e con motivo da septuaxésima edición, as Festas do Albariño recuperen todas as súas actividades.