BARBANZA> Portos de Galicia participa no Salón Náutico de París que se celebra entre o dous e o dez decembro na capital francesa. O balance, polo momento, está a ser do máis satisfactorio posto que xa se iniciaron os contactos para a diversificación dos servizos que ofrecen os portos galegos. En colaboración coa Axencia Galega de Turismo, Portos de Galicia aposta pola ampliación da oferta náutica incluíndo ós portos galegos na rede de escalas ou mesmo de destinos dos rallis de navegación organizados a nivel internacional. Ademais da busca de novos mercados, Portos aproveita a súa presenza no salón Naútico de París para traballar na fidelización dos usuarios dos portos deportivos da nosa comunidade a través de ofertas de actividades que contribúan a alongar a súa estadía. Servizos que a partir de agora estarán moito máis presentes na rede, coa posibilidade de reservar prazas ou contratar outro tipo servizso online, Portos de Galicia xa iniciou os contactos con varias empresas dedicadas ó desenvolvemento de aplicacións móbiles que permitirán axilizar o acceso á rede de portos náuticos de Galicia.
Inicio Barbanza - Muros - Noia