Medio Ambiente avanza en Ribeira o contido do PRUX das Illas Atlánticas

    RIBEIRA> O concello de Ribeira acolleu unha nova xuntanza sobre o Plan de Xestión e Usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio avanzou ós axentes implicados as principais liñas desta proposta que busca compatibilizar as actividades económicas coa conservación do parque. A directora xeral de Patrimonio mantivo un encontro co alcalde de Ribeira e os axentes económicos e sociais implicados para avanzar os contidos do futuro Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O obxectivo principal deste documento é garantir a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade de xeito compatible coa actividade pesqueira artesanal. A principal novidade desta proposta é o establecemento dunha nova zonificación tridimensional, establecendo determinados usos que se poden realizar na superficie pero non nos fondos que permanecen completamente preservados. Por outra banda, Medio Ambiente habilitará axudas para que as institucións públicas e privadas desenvolvan actividades económicas que xeren tecido empresarial baseadas principalmente no turismo sostible. Unha vez aprobado, o documento estará vixente durante os próximos dez anos.