Vilagarcía réndese á gastronomía no primeiro salón Degusta Galicia

    VILAGARCÍA > Xa está en marcha a primeira edición do Degusta Galicia, no Fexdega de Vilagarcía. Ata o vindeiro domingo, se se achegan ata alí, poderán probar e levar para a casa unha gran variedade de produtos de máxima calidade elaborados en Galicia. Paté de ostras de Cambados. Croquetas de queixo de San Simón feitas en Lugo. Marmelada de pemento elaborada en Oleiros ou prebes feitas en Vilagarcía. Esa é a carta de presentación do Degusta Galicia, un saboroso salón gastronómico composto por 63 expositores. Todos eles teñen un nexo común: a súa orixe galega e a elevada calidade dos seus produtos. Entre os produtos expostos, atopamos innovacións culinarias con produtos da terra Cunha materia prima galega, de máxima calidade. Entre os vendedores, de momento, bo sabor de boca… E entre os que esta mañá se adentraban polos corredores do FEXDEGA, satisfacción xeralizada por atopar tan preto da casa unha variedade tan ampla de produtos, a un prezo adsequible. A primeira edición deste salón estará aberto ata o vindeiro domingo, entre as 11 da mañá e as NOVE da noite.