Sabariz denuncia a aparición de anónimos no que o ameazan

    PONTECESURES > A complicada situación política que vive Pontecesures está provocando situacións de certa gravidade. O concelleiro Luis Sabariz ven de denunciar a aparición de anónimos nos que se lle acusa de egoista, traidor ou bicho raro. O edil, que asegura estar sendo obxecto dunha campaña de desprestixio, insiste en que a súa decisión é razonada e que seguirá traballando por Pontecesures.

    ameaza_pontecesures_300_160206.jpgA imaxe que acompaña este texto é un exemplo dos anónimos que estes días están sendo pegados en diversos puntos do concello de Pontecesures en contra de Luis Sabariz. A maioría foron deixados entre a tarde do mércores e a mañá do xoves na porta da casa consistorial e no edificio do club xuvenil. Neles aparecen gravísimos insultos contra o edil de ACP, que pediu o cese deste tipo de prácticas cobardes.

    Sabariz asegura que a pesares dos anónimos e dos ataques persoais, seguirá defendendo os intereses dos veciños na corporación. O edil tamén denuncia a campaña de desprestixio que está a sufrir e insiste en que non é un desequilibrado nin un egoísta, e que a decisión de retira-las dedicacións do alcalde e de Maribel Castro foi suficientemente motivada no pleno.

    Resposta así ás acusacións feitas polo alcalde estes días, e que reiteraba no programa Pleno Aberto de TeleSalnés Barbanza. A pesares das graves diferencias xurdidas entre os dous socios, o alcalde non renuncia a acada-lo apoio de Sabariz, ou mesmo do edil do PSOE, para sacar adiante os proxectos importantes que ten en marcha Pontecesures.

    Redacción Salnés