O persoal denuncia as carencias da ambulancia ‘low cost’ que funciona no Salnés

VILAGARCÍA> Protesta ás portas do Hospital do Salnés do persoal do servizo de ambulancias. Denuncian os recortes da Xunta de Galicia na ambulancia medicalizada que concedeu á zona hai algo máis dun ano. En lugar de dous técnicos, o vehículo está equipado só con un, o que fai que o servizo sexa deficiente.

Algo máis dun ano despois de que a Xunta concedera a demandada ambulancia medicalizada ao Salnés, o persoal denuncia que está lonxe de ser un equipamento completo. Na actualidade, o vehículo está equipado cun médico, un enfermeiro e un técnico, en lugar dos dous que son necesarios para dar o servizo completo.

Nun principio, o Sergas xustificou este recorte asegurando que a nova ambulancia medicalizada encargaríase fundamentalmente do traslado de pacientes entre hospitais. Pero a experiencia demostra que isto non se cumpre.

Esta deficiencia no servizo afecta directamente á atención dos pacientes. A gran maioría deles con patoloxías graves.

Os técnicos denuncian ademais que o Sergas decidiu bloquear a capacidade que tiñan para presentar incidencias, en lugar de atender as súas denuncias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí