O concello de Noia elimina un punto de vertido no lugar de Orro

    NOIA> O executivo noiés está a desenvolver unha actuación na zona de Orro que ten coma principal finalidade eliminar un punto de vertido. A obra ten un investimento duns 60 mil euros con cargo a fondos municipais. A obra que se está a executar actualmente na zona de Orro ten coma principal finalidade a instalación dunha nova canalización de saneamento e a construción dun pozo de bombeo. Con ela o executivo local pretende poñerlle fin a un dos puntos de vertido existentes ó longo do municipio. Unha vez concluída esta actuación, nesa mesma zona a Xunta ten previsto tamén desenvolver obras de mellora da seguridade viaria coa construción dun novo tramo de beirarrúas.