O pleno aproba o Plan Parcial de Barraña nun clima de tensión e enfrontamento

    plenoboiro_desaloxo_100_090307.jpgBOIRO > Máxima tensión e clima de enfrontamento o vivido onte pola noite durante a sesión plenaria celebrada pola corporación municipal boiresa…

    … O alcalde mesmo tivo que chamar á orde en varias ocasións ó público asistente que ateigou o salón de plenos. O motivo de tanta expectación non era outro que a aprobación definitiva dos Plans Parcias de Barraña e Cabo de Cruz.

    plenoboiro_polemica_300_090307.jpgA corporación municipal boiresa aprobou onte pola noite cos votos a favor do BNG, PSOE e PP o Plan Parcial para Barraña. O único que votou en contra deste plan foi o edil independente, Manuel Velo. Aínda así a sesión caracterizouse polo enfrontamento entre o grupo de goberno e a oposición, e mesmo polos improperios do numeroso público asistente ós políticos, razón pola cal o alcalde tivo que chamar á orde en varias ocasións.

    Na súa primeira intervención Manuel Velo solicitou a retirada deste punto dentro da orde do día, para que fose reestudado de cara a buscar as mellores condicións e beneficios para os veciños afectados. Velo pediu ademais máis información e participación para os cidadáns. Foi o máis aplaudido. Outros pola contra tachárono de demagogo e electoralista.

    O voceiro do PSOE, Xoán Xesús Ares, apelou á responsabilidade política de tódolos grupos. Segundo el a actual proposta para Barraña é a máis idónea para os veciños xa que garantirá nun futuro a edificabilidade que hoxe teñen os veciños que é du metro cadrado por metro cadrado. O edil de Urbanismo, Xoán León, defendeu tamén a idoneidade do Plan Parcial para Barraña, asegurando que será o máis beneficioso para os propietarios afectados.

    Pola súa banda o portavoz do Partido Popular, Xoán Xosé Dieste, a pesar de votar ó final a favor deste Plan foi o máis crítico co executivo, chegando mesmo a calificar a sesión de onte como unha fraude. Segundo el os membros do actual goberno tiveron tempo dabondo na presente lexislatura para aprobar este plan, sen ter que traelo agora a última hora, a escasos meses da campaña electoral.

    Redacción Salnés