A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo

    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila. Non hai rianxeiro ilustre que non apareza representado neste orixinal belén feito a ganchiño. Un Rianxo en miniatura que realiza un percorrido polos lugares máis senlleiros da vila, poboados por mariñeiros, redeiras, emigrantes, escritores ou músicos. Detrás destas obras de arte están as mans das mulleres que integran a asociación Ondiñas Mainas que dedican horas e horas de paciente traballo na elaboración deste nacemento que incorpora elementos moi singulares da cultura mariñeira como o propio porta de belén dentro dunha nasa ou os reis a bordo dunha Manuela. Este belén, que pode visitarse no Cuartel Vello, é tan só a punta de lanza do ardou traballo que realiza esta asociación. O seu principal obxectivo é manter vivos os labores artesanais como a calceta, o ganchillo ou mesmo o arte de coser as redes, polo que imparten cursos durante todo o ano.