A POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha o espazo de coidados corresponsables para facilitar a conciliación familiar fóra do horario lectivo. Estará aberto no CEP Salustiano Rey Eiras, de luns a venres, en horario de catro a nove.
O pasado ano, o concello da Pobra poñía por primeira vez en marcha o espazo de coidados corresponsables. Trátase dun servizo de conciliación polas tardes dirixido a nenos de 3 a 12. anos. Será impartido por monitores especializados nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de catro a nove.
A posta en marcha deste programa que ratifica a aposta do goberno pobrense pola conciliación é posible grazas ós fondos do Ministerio de Igualdade xestionados a través da Consellería de Emprego e Igualdade.
Os interesados en inscribirse ou obter máis información poden facelo a través do teléfono 981 832764, extensión 6, ou o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.