POBRA> Representantes das distintas agrupacións do PSdeG na comarca do Barbanza e Noia fixeron esta mañá unha chamada á participación na gran mobilización convocada para mañá sábado na Pobra para mostrar o seu rexeitamento ó macroproxecto de Altri.
Os socialistas barbanzáns inciden en que o impacto negativo deste proxecto para a nosa comarca sería terrible, xa que se poría en serio risco a calidade da auga do río Ulla, e por extensión da ría de Arousa, o principal motor económico da nosa contorna.