O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos

    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias. A importancia de coidar e preservar o medioambiente. Este é o que se pretende transmitir ós escolares coas actividades de sensibilización promovidas polo GAlp Ría de Arousa que esta semana recalarán en Ribeira. Ademais das sesións teóricas, os cativos realizarán traballo de campo nunha saída á praia na que recollerán diverso material de refugallo para asúa reciclaxe. As actividades, que xa se iniciaron o pasado ano, pretenden ademais implicar ás familias na educación ambiental de xeito que fomenten a recollida selectiva e ó respecto á natureza.