Esperánse ó redor de mil persoas na festa da bici en Boiro

    BOIRO> A festa da bici vai celebrarse este próximo domingo en Boiro. A actividade, organizada polo concello en colaboración con outras entidades, entre elas o Club Ciclista Barbanza, arrancará ás once da mañá dende a praza de Galicia.

    Esta mañá presentábase no concello de Boiro a terceira edición do día da bici. Trátase dun día festivo e lúdico moi agardado por todos os veciños; no que non hai competición, senón que o obxectivo é desfrutar dun día na bicicleta ca familia ou cos amigos. Trátase dun percorrido de 12 kilómetros con punto de partida na praza do Concello ás once da mañá. O alcalde Xoán Xosé Dieste quixo destacar que se trata dunha iniciativa que contribúe a mellorar a calidade de vida dos veciños, xa que se promove o uso da bicicleta e a práctica do deporte. Dende a organización quixeron facer un chamamento á participación nesta actividade na que se agradan ó redor dunhas mil persoas. En caso de chuvia estudiaríase o seu posible aprazamento para outra data. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/presentaciondiadabiciboiro1510141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/presentaciondiadabiciboiro151014.mp4{/flowplayer}