Boiro ofrece bonos transporte gratuítos a usuarios de Servizos Socias en risco de exclusión

BOIRO> O concello de Boiro vén de poñer en marcha uns bonos transporte para persoas en risco de exclusión social.

O cambio da empresa concesionaria da liña de transporte público da Xunta de Galicia permitiu ó concello de Boiro recuperar os bonos transporte para persoas usuarios de Servizos Sociais que non se poden costear os desprazamentos en autobús para acudir a servizos básicos.

Servizos Sociais adquiriu os bonos en función das necesidades detectadas entre os seus usuarios. Valorarán a ampliación do número de usuarios se detectan un incremento da demanda.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí