A Confederación de Empresarios de Pontevedra sepárase da patronal galega por falta de transparencia

PONTEVEDRA> A Confederación de Empresarios de Pontevedra sepárase, definitivamente, dos órganos colexiados da patronal galega en relación aos temas económicos. Así o anunciou esta mañá o presidente da agrupación, tras unha reunión do comité directivo. Deste xeito, os representantes empresariais denuncian a falta de transparencia e de responsabilidade da organización central.

O comité directivo da Confederación de Empresarios de Pontevedra anunciou esta mañá a súa separación da Confederación Galega. Deste xeito, a CEP sepárase de calquera participación en órganos colexiados da patronal autonómica en temas relacionados cos asuntos económicos internos.

Na reunión celebrada esta mañá, o comité directivo da Confederación denunciou tamén a carencia de infraestruturas. Algo que ten consecuencias negativas na situación empresarial da cidade.

O presidente da Cooperativa de Armadores lamentou tamén a mala comunicación que hai entre Marín e Pontevedra.

Tras a reunión, os representantes empresariais tamén alertaron da inseguridade xurídica que provocou o cambio de criterio da Avogacía do Estado no caso Ence. Un feito que, segundo o comité directivo da Confederación repercute noutras empresas de Galicia.