Os camiños escolares aterran en Lérez, Lourizán e Salcedo

Pontevedra> A filosofía dos camiños escolares chega, unha vez máis, a rural pontevedrés. Nesta ocasión as parroquias beneficiarias serán Salcedo, Lérez e Lourizán. Espazos nos que se investirán máis de 310 mil euros. O concelleiro do rural informou ademais da contrución de 14 novos lombos para a seguridade viaria na parroquia de Santa María de Xeve. Os camiños escolares, para falicitar a seguridade dos máis pequenos á hora de ir ao cole, chegan ao rural con tres intervencións e cun investimento de máis de 310 mil euros. A primeira no colexio de San Bieito de Lérez. Outra no colexio de San Martiño de Salcedo. E por último no centro de Carballeira en Lourizán. Ademais o concelleiro do rural tamén informou da contrución de 14 novos lombos na parroquia de Santa María de Xeve. Trátase dunha obra que segundo Demetrio, está consensuada e falada cos veciños da zona. A actuación terá un orzamento de 50 mil euros e será executada pola empresa Covsa.