Nova inxección económica para dar continuidade á ARI de Rianxo

    RIANXO> O concello de Rianxo recibirá sesenta e un mil euros na nova convocatoria de axudas da Área de rehabilitación. Nesta sexta fase, unhas catro ou cinco vivendas, poderán beneficiarse de subvencións para a rehabilitación das súas vivendas. A ARI de Rianxo volverá optar ás axudas para a rehabilitación de vivendas tanto no casco vello como en Fincheira e Rianxiño. Entre catro e cinco propietarios poderían beneficiarse desta liñas de subvencións que superaría os sesenta mil euros. En paralelo á apertura desta convocatoria, a oficina de rehabilitación de Rianxo está a informar doutras liñas de financiamento independentes da ARI pero destinadas tamén á restauración de vivendas.