Ruta turística en Outes para ‘Vivir o Marisqueo’

OUTES> ‘Vivir o Marisqueo’, este é o nome da última iniciativa do concello de Outes para atraer ó turismo dando a coñecer unha actividade artesanal como o marisqueo. Serán rutas nas que verán cómo se traballa e nas que degustarán o producto.

Dende fai séculos, homes e mulleres saen ó mar en Galicia para mariscar. Unha actividade que nos pode parecer do máis cotiá, pero o concello de Outes quixo poñela en valor e organiza a experiencia turística ‘Vivir o Marisqueo’.

Comeza o vindeiro luns 23 de setembro e alongarase ata o Nadal, para desestacionalizar o turismo. Trátase dura ruta que consta de tres partes, nas que se poderá vivir a experiencia do marisqueo de primeira man para logo, desfrutar dunha degustación nun dos restaurantes colaboradores.

As reservas pódense facer a través da web ou no Facebook do concello de Outes. Polo que dende o executivo animan ós turistas, e tamén ós veciños, a participar nesta actividade artesanal e propia das nosas rías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí