Todo listo para celebrar o concerto de aninovo no Pazo da Cultura

Pontevedra> O concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e o BalletNorte, contará co Coro Gli Appassionati e a súa mezzosoprano, Nuria Lorenzo. O concerto terá lugar o día 1 de xaneiro ás 19:30 no Pazo da Cultura, baixo a batuta do director convidado estará Diego Fortes Conde, que foi membro da orquestra. O concerto de aninovo celebrarase, como xa é tradicional, o día 1 de xaneiro ás 19:30 no Pazo da Cultura. Dende hoxe xa poden adquirir as súas entradas que van dende os 10 aos 15 euros. Este Concerto de Aninovo da Orquestra Filharmónica da Cidade de Pontevedra e o Ballet Norte contará neste ano co Coro Gli Appassionati e a súa mezzosoprano, Nuria Lorenzo. Dende a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra convidan a todo o mundo a desfrutar desta cita apta para todos os públicos. Unha cita que terá unha primeira parte adicada á opera. As entradas xa están á venda na propia web do Pazo da Cultura, no Facebook, en Ticketea e como novidade a concelleira de Cultura anunciou que a Casa da Luz se lle sumará unh despacho físico para a venda de entradas a partir de mediados de xaneiro.