O BNG rianxeiro denuncia irregularidades na compra da casa de Rafael Dieste

    bngcasarafaeldieste_100_110608.jpgRIANXO > O BNG de Rianxo denunciou a desaparición de documentación oficial do expediente relacionado coa compra da casa de Rafael Dieste.

    {flowplayer}barbanza/bngcasarafaeldieste.flv{/flowplayer}

    O interese por parte do grupo municipal do BNG de Rianxo en revisa-lo expediente no que se recolle toda a documentación oficial relativa á adquisición da casa de Rafael Dieste para coñece-la situación e destino do legado artístico e cultural do escritor, unha vez que o alcalde informara da súa compra nunha xunta de potavoces, revelou a desaparición dun documento de gran relevancia, o informe da Secretaria Xeral do Concello e Intervención Municipal, emitido en decembro do ano pasado e que, segundo os nacionalistas, resultaba negativo ás pretensións do alcalde.

    ‘Operación dubidosa’

    Dende o BNG rianxeiro culpabilízase desta situación ó propio alcalde, Pedro Piñeiro, que deste xeito quere agochar unha dubidosa operación mercantil, decidida ademais de xeito unilateral pola Alcaldía.

    Fontes do propio executivo rianxeiro consultadas por esta redacción negaron que faltase documentación, argumentando ademais que no seu día os grupos da oposición xa tiveran oportunidade de revisa-lo expediente completo. Segundo eles se houbese algunha irregularidade na documentación, tanto a notaría como o rexistro da propiedade xa o detectarían, polo que a operación sería ilegal e non sería posible comprar a casa.

    Redacción Barbanza