Rianxo acolle a partir deste sábado un obradoiro de escritura creativa

RIANXO> O éxito deste obradoiro de creación literaria, titulado ‘As historias do Espello’ queda patente nas inscricións. A dous días de pecharse xa se superaron as vinte prazas programadas, polo que dende a organización tentarán ampliar para non deixar fóra ós cinco solicitantes en lista de espera. Dende este e durante tódolos sábado ata o 17 de novembro desenvolveranse sesión de dúas horas no auditorio rianxeiro. Estarán coordinadas polo escritor Antón Rivero Coello e incluirán unha clase maxistral a cargo do presidente da RAG, Víctor Freixanes. O obxectivo deste obradoiro é favorecer o encontro entre os creadores para crear un espazo de análise e reflexión que proporcione referentes á sociedade. A iniciativa,  promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o concello de Rianxo.