Victor Pedreira e a Escola de Xadrez de Pontevedra Premios Cidade de Pontevedra 2017

[

Pontevedra> O psiquiatra Víctor Pedreira e a Escola de Xadrez de Pontevedra son os elixidos como os novos premios Cidade de Pontevedra 2017. O xurada destacou  a Pedreira pola súa defensa inquebrantable da sanidade pública, e no caso da Escola de Xadrez de Pontevedra, destacou a súa vertente escolar, social e solidaria.

Xa temos premiados dunha nova edicións dos Premios Cidade de Pontevedra. Son Victor Pedreira na categoría de persoa física e a Escola de Xadrez de Pontevedra na categoría de persoa xurídica. A presidenta do xurado, Carmen Fouces, indicou esta mañá que houbo unanimidade, por iso en pouco máis de media hora xa estaban decididos os galardoados do 2017. Carmen Fouces deu os parabéns a todos os participantes, e destacou as características de cada un dos premiados. No caso de Víctor Pedreira lembrou que foi unha candidatura presentada pola Asociación de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental de Pontevedra.

No caso do premiado na categoría de persoa xurídica, a Escola de Xadrez de Pontevedra, lembrou que se trata dunha candidatura presentada polo Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.

Os premios que levan o nome da cidade entregaranse como cada ano nun Pleno extraordinario de honra que se desenvolverá no Teatro Principal o 20 de xaneiro, dia de San Sebastián, patrón da cidade.