Pontevedra recibirá máis 3.000 millóns de euros da Xunta de Galicia en 2021

PONTEVEDRA> 3.400 euros por habitante. Esa é a cantidade que a Xunta de Galicia destinará a cada pontevedrés nos orzamentos de 2021. Uns presupostos que foron presentados e analizados polo presidente do PP en Pontevedra e que superan os 11.000 millóns de euros.

“Uns orzamentos extraordinarios para dar resposta a retos extraordinarios”, así presentou Alfonso Rueda os presupostos da Xunta de Galicia do ano 2021. O presidente do PP en Pontevedra quixo facer balance dos máis de 3.000 millóns de euros que se destinarán a esta provincia. Un  importe que se traduce nuns 3.400 euros por habitante, 239 euros máis que en 2020.

A política social, a educación e a sanidade son, segundo Alfonso Rueda, os tres piares principais dos presupostos da Xunta. En canto aos investimentos, a administración autonómica destinará á provincia de Pontevedra uns 173 millóns de euros. A principal actuación será a reforma do Gran Montecelo, con 13,5 millóns.

Os proxectos da EDAR, o emisario submarino e o saneamento da ría están tamén incluídos nestes orzamentos. Ademais, Rafa Domínguez quixo facer fincapé na importancia de chegar a un acordo sobre a variante de Alba.

Por último, cabe destacar que nos orzamentos da Xunta de Galicia inclúense tamén partidas destinadas á reforma do instituto Valle Inclán, a ampliación do Carlos Oroza ou a reforma da residencia de maiores de Campolongo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí