Pontevedra> O colexio Froebel leva 19 anos realizando un intercambio cun cento educativo de Catania, en Sicilia. Nesta ocasión, e ata mañá, 16 alumnos italianos están na nosa cidade. O que máis lles gusta de Pontevedra é o seu modelo de cidade e tamén a gastronomía, O fin desta viaxe e fomentar o intercambio lingüístico e cultural entre os dous países.
A concelleira de Educación de Pontevedra recibiu esta mañá no concello aos 16 alumnos de intercambio cun cento educativo de Catania, a segunda cidade mais grande de Sicilia. Unha iniciativa que se leva a cabo dende o colexio Froebel, de Pontevedra, o fin deste intercambio é lingüístico e cultural.
Este intercambio, que levan realizando 19 anos, ten lugar en marzo, para os alumnos de sexto de primaria italianos e coa ponte do 17 de maio para os alumnos de Pontevedra que irán a Sicilia. O que máis lle gusta a estes estudantes é o modelo de cidade da Boa Vila.
E como non tamén a gastronomía..
Estes estudantes de Catania teñen o español como segunda lingua, e os estudantes que irán a esta cidade italiana tamén imparte no seu centro de Pontevedra clases de italiano.