Marea aposta por recuperar a central eléctrica de Mollavao

Pontevedra> O barrio de Mollavao chegou hoxe ao Parlamento Galego. O grupo En Marea solicitou conservar o edificio da central eléctrica desta zona. O fin ao que podería ser destinado este espazo sería, segundo Luis Rei, a un uso social, e tamén, a darlle un contido museístico onde este edificio albergase a historia industrial da cidade.

Para o grupo En Marea a central eléctrica do barrio de Mollavao é unha mostra arqueolóxica e un edificio singular da cidade, por esta razón, consideran que sería bo que non se derrubase.

Para conseguir este cometido o grupo parlamentario En Marea presentou hoxe no parlamento Galego unha proposición Non de Lei e unha pregunta para a súa resposta oral no pleno encamiñadas a este feito, á paralizar o derribo deste edificio, que conta segundo este partido, cun enorme valor histórico e arquitectónico para a cidade.

De seguir adiante con esta iniciativa, o contido ao que iría destinado este edificio podería ser a un uso social para os veciños de Mollavao e tamén para albergar un espazo museístico que contase a historia industrial da cidade.

En Marea sabe que para executar estes traballos sería necesario unha dotación orzamentaria e un estudo previo, pero de momento continuarán loitando para que ese derribo non se leve a cabo.