Ata o 28 de febreiro poden participar na VI edición do Certame de Relato Curto

Pontevedra> Dende a Deputación presentouse nesta xornada unha nova edición do Certame de Relato Curto. Os interesados en inscribirse poderán enviar as súas historias, cun máximo de 300 palabras, ata o 28 de febreiro. Como en anteriores edicións haberá 4 categorías, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional e adultos. Dende a organización animan a todos os universitarios da provincia a formar parte desta sexta edición.

Todo listo para celebrar unha nova edición do Certame de Relato Curto. Un evento que ten como fin fomentar a creatividade, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego e facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores.  Unha cita aberta a todo o estudantado da provincia.

Cada autor soamente poderán presentar un relato cun mínimo de 200 palabras e un máximo de 300 ata o 28 de febreiro ao enderezo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org

Como en anteriores edicións haberá premios en todas as categorías en primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional e adultos. Nesta sexta edición dende a organización animan a todos os universitarios da provincia a participar nesta iniciativa.

Unha sexta edición onde se agarda superar os 810 participantes do pasado ano e onde García Teijeiro, premio nacional de Literatura, apadriñará nesta ocasión esta bonita iniciativa. As bases deste evento pódense consultar en certame.nontedurmas.org