Pontevedra conta cun novo roteiro adicado a María Victoria Moreno

Pontevedra> Pontevedra conta dende hoxe cun novo roteiro adicado a María Victoria Moreno. A escritora Fina Casalderrey e a profesora Ana Acuña realizaron unha publicación sobre este roteiro que conta con ilustración de Ana Seoane. A nova visita guiada súmase aos roteiros existentes de Xoán Manuel Pintos, Sarmiento, Casteao e o dos Bolechas.

Esta tarde deuse o pistoletazo de saída a un novo roteiro na cidade, a Camiñadas con María Victoria Moreno, unha nova visita guiada pola cidade, promovida pola Concellería de Normalización Lingüística e realizada pola escritora Fina Casalderrey e Ana Acuña.

Fina Casalderrey sinalou esta mañá en rolda de prensa que grazas ao traballo e Ana Acuña puideron realizar un roteiro que lles quedou redondo. Un roteiro que nos achega á pegada e a historia de María Victoria Moreno na cidade de Pontevedra.

Para o guía deste roteiro, Roberto Rivas,  é unha tarefa complicada levar a cabo este traballo, xa que tivo a sorte de coñecer a María Victoria Moreno, un feito que fai que impoña moito máis á hora de dirixir un evento destas características. O percorrido busca dar a coñecer á autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018 e a súa profunda vinculación coa lingua e coa cidade de Pontevedra. Realizarase calquera día da semana e terá un mínimo de 15 persoas e un máximo de 60.

A nova visita guiada súmase aos roteiros existentes de Xoán Manuel Pintos, Sarmiento, Casteao e o dos Bolechas.