O PSOE despide a campaña convencidos de que o domingo sairá das urnas un goberno socialista

PONTEVEDRA> En canto ao Partido Socialista, o peche de campaña na nosa zona recaeu nos números 3 e 4 da candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra. Paloma Castro escolleu as vistas do Miradoiro da Caeira para representar que un goberno de Xosé Ramón Gómez Besteiro na Xunta de Galicia sería para toda a cidadanía, con equidade e horizontal. Pola súa banda, Julio Torrado dende Vilagarcía fixo un chamamento á mobilización do voto,convencido de que o goberno que sairá das urnas o vindeiro domingo será socialista.

A número 3 da candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra centrou o seu último acto de campaña na zona na igualdade. Paloma Castro asegurou que estas políticas pasarían a ser a columna vertebral das accións do goberno da Xunta encabezado por Xosé Ramón Gómez Besteiro.

Castro escolleu como escenario o Miradoiro da Caeira. Unha representación, dixo, do que sería un goberno de Gómez Besteiro.

En Vilagarcía, os socialistas tamén aproveitaron estas últimas horas para facer balance da campaña. O número 4 da candidatura pontevedresa, Julio Torrado, amosouse convencido de que o domingo sairá das urnas un goberno de cambio para a Xunta.

Torrado criticou a campaña do Partido Popular, aos que acusou de prometer proxectos que levan anos sen facer. Como exemplo, puxo varios centros de saúde da zona: o de Vilagarcía, o de Meis, o de Caldas e o do Grove. E asegurou que sairán adiante cun goberno socialista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí