O PP denuncia a situación de abandono que sofre a antiga Casa Consistorial

PONTEVEDRA> O PP elevará ao Pleno municipal do vindeiro luns a reforma integral da Casa Consistorial. Os populares queren denunciar así a situación de abandono que está a vivir o inmoble da Praza de España por parte do Concello. Para solucionar este problema, o partido liderado por Rafa Domínguez pedirá ao goberno local que destine unha partida dos presupostos para a súa rehabilitación.

A antiga Casa Consistorial protagonizará o vindeiro pleno municipal. O PP de Pontevedra presentará unha moción para que toda a corporación poida debater sobre o futuro deste edificio. Os populares defenden que este inmoble está a ser maltratado e abandonado polo goberno local e aseguran que é preciso unha reforma integral do mesmo.

Miguel Anxo Fernández Lores recoñeceu onte, en rolda de prensa, a necesidade de solucionar os problemas de accesibilidade que ten este edifico. Sen embargo, os populares cren que estas declaracións do alcalde chegan tarde.

No Pleno municipal, os populares pedirán ao goberno local que acometa de maneira inmediata a rehabilitación integral deste edificio, destinando para elo unha partida dos presupostos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí