Recuperada a imaxe do Cruceiro Novo desaparecida durante o confinamento

POBRA> A escultura foi atopada na estrada entre Moldes e Palmeira.

A imaxe da virxe do Cruceiro Novo, xa se atopa nas dependencias da Policía Local da Pobra. Estaba desaparecida dende o pasado mes de abril. A peza foi achada na estrada de Moldes a Palmeira despois de que unha condutora que circulaba pola zona dera aviso á Policía Local de Ribeira ó observar a imaxe na cuneta.

Aparantemente a imaxe non presenta ningún dano.

Unha vez analizada en detalle, a intención do Concello pasa por devolvela de novo ó seu lugar orixinal. Do que nunca debeu moverse.