POBRA> Esta mañá presentábase a XVII Bandeira de Traíñas Concello da Pobra e a II Bandeira Feminina Alicrusa. A cita será este vindeiro domingo, en horario de tarde, a partir das catro e media da tarde.
En categoría masculina, corresponderá coa sexta xornada da Liga Galega de Traíñas A, na que están a participar un total de doce clubs. Terá cinco quilómetros e medio de percorrido, nun campo de regatas de 4 rúas, repartidos en 6 longos con 5 ciavogas.
Na Bandeira Feminina, tamén proba puntuable para a LGT, participarán un total de 9 clubs, entre eles o anfitrión, o Club Remo Puebla.
Dende o Concello fan unha chamada a asistir a presenciar este evento deportivo de máximo nivel, ó tempo que agradecen a colaboración das distintas empresas locais que colaboran con ela, ademais de Protección Civil, que se encargará da seguridade da regata.
A cita deportiva será retransmitida en directo a través da TVG2.