Pedreira e a Escola de Xadrez reciben os seus Premios Cidade de Pontevedra

Pontevedra>O Teatro Principal acolleu o pleno de honra para a entrega dos Premios Cidade de Pontevedra  Víctor Pedreira e á Escola de Xadrez. O famoso  psiquiatra amosou a súa satisfacción por dedicar a súa vida para loitar contra a enfermidades relacionadas coa capacidade cerebral e procurar alivio dos pacientes. Daniel Rivera, pola súa banda, destacou as virtudes desta actividade deportiva que desenvolve a intelixencia pero ademais supón a adquisición dun deber e dun compromiso.

O teatro Principal vestíu as súas mellores galas para acoller o pleno de honra no que se entregaban os Premios Cidade de Pontevedra a V´citor Pedreira e á Escola de Xadrez. Numerosas autoridades asistiron a este pleno, que se celebra no día de San Sebastián, patrón da cidade.  Na súa intervención Pedreira lembrou onde nacera, pero deixou claro que Pontevedra é a cidade onde se quedará para sempre.

Pola súa banda, o uruguaio Daniel Rivera, en nome da Escola de Xadrez, destacou as virtudes desta actividade deportiva. Rivera tamén quixo relatar as actividades solidarias que realizan desde solidarizarse con Uruguai nas inundaciónsdo 2007 ata participar xunto coa ONG ACNUR na campaña “O xadrez cos Refuxiados”.

Por último, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, pechou o acto destacando o traballo que os galardoados realizaron durante os últimos anos e resaltando a importancia que tanto Víctor Pedreira como a Escola de Xadrez desenvolven en relación co cerebro e no caso do psiquiatra agradeceu a súa loita en defensa da sanidade pública para indicar que a ampliación de Montecelo será unha realidade grazas a persoas como el.