A Federación Castelao reclama un aparcadoiro disuasorio e gratuíto para o Gran Montecelo

PONTEVEDRA> A Federación de Asociacións de Veciños Castelao reclama que se habilite un aparcadoiro gratuíto no Gran Montecelo. Os colectivos insisten nesta demanda tras coñecerse hai unhas semanas a intención da Xunta de Galicia de construír un aparcadoiro soterrado de pago. Fronte a isto, preocupa á Federación que asumir o custo deste servizo sexa inviable para moitas familias.

Confirmadas as sospeitas da Federación de Asociacións de Veciños Castelao. O Gran Montecelo terá un aparcadoiro que será, iso si, de pago. Segundo asegurou o presidente da Xunta, os prezos serán asequibles, seguindo o modelo que está en marcha noutros hospitais galegos.

Pero que sexa de pago preocupa, e moito, á Federación de Veciños Castelao. Consideran que o custo pode ser inasumible para as familias de moitos pacientes.

Pola contra, eles reclaman que se habilite un aparcadoiro ao aire libre, disuasorio e gratuíto.

Outra das alertas do colectivo veciñal é o futuro do Hospital Provincial. Demandan que o centro manteña os usos sanitarios alto que, polo de momento, non está garantido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí