O día 2 Pontevedra – Sporting loitarán polo Trofeo Cidade de Pontevedra

Pontevedra> Este mércores 2 de agosto Pasarón acollerá a cuadraxésima primeira edición do Trofeo Cidade de Pontevedra. Unha cita que comezará ás sete da tarde e que enfrontará ao equipo da cidade contra o Sporting de Xixón. Pasarón vivirá un dos momentos máis históricos das pretemporadas do Pontevedra, a cuadraxésima primeira edición do Trofeo Cidade de Pontevedra. Un partido que enfrontará as sete da tarde ao Pontevedra e ao Sporting de Xixón. Dende o concello e a presidencia do Pontevedra Club de Futbol fixeron un chamamento para que o amantes deste deporte se anime a asistir ao partido. A presidenta fixo un balance máis que positivo do equipo que o Pontevedra ten para esta tempada, lembrou que a metade do equipo é nova e pese a isto as sensacións son boas para este novo Pontevedra. As entradas están xa a venda para o partido deste mércores e van dos 16 euros en tribuna aos 8 euros da zona sur. Lupe Murillo lembrou que este ano subiron un pouco o prezo das entradas co fin de conseguir máis aboados para o equipo pontevedrés.