A asociación Amizade rexeita a nova ordenanza de mobilidade do Concello de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra anunciou esta mesma semana a aprobación da nova ordenanza de mobilidade. Unha ordenanza que xa espertou o malestar dalgúns colectivos. Dende a asociación Amizade denuncian que este documento discrimina ás persoas con mobilidade reducida.

Estas imaxes son da xuntanza que mantiveron o pasado mes de xaneiro o alcalde de Pontevedra e o presidente da asociación Amizade. Un encontro que se levou a cabo despois de que o Concello publicase o borrador da nova ordenanza de mobilidade e espazos públicos. Naquel momento o goberno municipal asegurou que se terían en conta as peticións deste colectivo na presentación final deste documento. Así é todo, na ordenanza aprobada esta mesma semana, non se inclúen ningunha das súas demandas.

O principal problema que presenta esta ordenanza para a asociación Amizade é que se mantén a limitación temporal para o uso destas prazas de estacionamento. Un feito que, segundo este colectivo, discrimina ás persoas con mobilidade reducida.

Dende a asociación Amizade piden ao Concello de Pontevedra que rectifique e que elimine a limitación temporal das prazas de estacionamento reservadas a persoas con mobilidade reducida. O colectivo mantén a esperanza de conseguilo xa que o documento aínda ten que ser aprobado no Pleno municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí