O BNG pide que os servizos funerarios poidan baixar dende o tanatorio ó Castelo

POBRA> O BNG da Pobra solicita que se permita o paso de servizos funerarios entre o tanatorio do campo da Feira e a igrexa de Santiago do Deán. Actualmente esta rúa é de dirección única, o que obriga ós coches fúnebres a dar toda a volta para a condución dos defuntos á igrexa do Castelo.

Os nacionalistas recollen nunha moción a necesidade de engadir unha excepción á rúa comprendida entre as fincas do Couto e de Aguiar que actualmente é de sentido único. Os vehículos tan só poden subir por este treito co que os coches fúnebres non poden baixar directamente á igrexa co resto da comitiva dos enterros.

Na proposta que se debaterá no próximo pleno, o BNG proón que se manteña o actual sentido de circulación agás para os servizos funerarios que poderán circular en sentido contrario en momentos puntuais.