A loita contra ENCE aterra este venres no Teatro Principal

Pontevedra> Todo listo para a estrea de Fóra. Un documental sobre a loita contra ENCE que se realizou dende finais dos 50 ata a actualidade dende a capital de provincia. Unha peza dirixida polo xornalista Rodrigo Cota e realizada por Fernando Portela, da Productora Imaco.  A estra será mañá venres 2 de febreiro ás 21:00 no Teatro Principal. A entrada será de balde ata completar o aforo.

O xornalista Rodrigo Cota e o realizador Fernando Portela, da productora Imaco, xuntáronse para contar a historia da loita que dende a Boa Vila se realizou dende finais dos anos 50 ata a actualidade contra ENCE. Un documental polo que pasan persoeiros de todo tipo, xa que tal e como di Cota, os que conta a historia son eles coas súas testemuñas e coa súa loita contra ENCE.

Cota ten claro que Fora, que este documental, é un bo material para coñecer de primeira man a historia desta papeleira instalada na ría de Pontevedra.

O que máis lle preocupaba ao director e ao realizador era a cuestión audiovisual e técnica, algo que quedou resolto con meses de traballo e con imaxes dunha alta calidade.

Xa o saben se queren coñecer toda a historia da loita que dende Pontevedra se realizou contra ENCE teñen unha cita mañá venres 2 de febreiro ás 21:00 da noite no Teatro Principal. A entrada será de balde ata completar o aforo.