Os concellos de Rianxo e Padrón conxugan a súa unión nas Festas da Guadalupe

RIANXO> A presenza, por momentos da chuvia, non foi razón suficiente para cancelar un dos actos máis solemnes na programación das Festas da Guadalupe, como é o Día de Padrón. Unha xornada na que os dous concellos estreitan lazos, unha tradición xa de séculos.

Unha representación da corporación padronesa, co seu alcalde á cabeza, Antonio Fernández Angueira, foi recibida no salón de plenos. Alí os mandatarios dos dous concellos mostraron a súa satisfacción pola conservación deste tipo de tradicións que contribúen a unir máis ás dúas vilas.

Trala recepción no Concello, as bandas de música de ambos municipios ofreceron un pequeno concerto, poñendo o broche de ouro ó día de Padrón.

A próxima cita marcada no calendario será en abril, na celebración da Pascua en Padrón. Alí será o concello de Rianxo o que lle devolva a visita, nun novo exemplo de unión entre ámbolos pobos que se remonta á idade media, cando as dúas vilas formaban parte do diocese de Iria-Flavia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí