Noia prepárase para unha nova edición do seu Festival Internacional de Jazz

NOIA> Un ano máis, como é habitual no mes de agosto, chega unha nova edición do NoiaJazz. A actividade organizada pola concellería de Cultura e baixo a dirección do músico local  Kin García desenvolverase do 10 ó 13 de agosto.

Mañá abrirán o Festival Dumrrá Trío e Gabi Triana Cuarteto e o venres actuarán Iago Fernández Sexteto e Jesús Bachiller Sexteto.

O sábado subirán o escenario Antonio Serrano e o propio Kin García para realizar unha homenaxe a Toots Thielemans.

Ese día tamén terá lugar o espectáculo Fredoom.

O sábado pola mañá celebrarase tamén no Teatro Coliseo Noela unha masterclass de improvisación a cargo do propio Antonio Serrano.

Tódolos concertos terán lugar ás nove e media da noite na praza da Constitución.