Pontevedra> Este domingo conmemórase o día mundial contra o cancro, unha xornada que tiveron presente neste venres dende a asociación de Pontevedra. Para isto organizaron unha quedada con varios centros escolares da cidade na Praza da Peregrina. O fin deste encontro, dende a asociación, foi o de deixar unha mensaxe clara, “nos tienes aquí”.
Nos tienes aquí, baixo este lema decenas de persoas se concentraron na Praza da Peregrina con motivo do día Mundial contra o cancro que se conmemora este domingo 4 de febreiro. Neste ano, dende as asociación a nivel nacional céntrase na figura do autónomo que padece cancro.
Segundo nos dixo esta maña a presidenta da asociación en Pontevedra, na provincia o cancro de pulmón é o que máis mortes produce.
Nesta xornada tivemos a oportunidade de falar cunha das usuarias desta asociación, con Ángeles Rubio, a quen lle diagnosticaron un cancro en setembro do 2014, Ángeles lembrou esta mañá toda a axuda que lle deron dende esta asociación.
E mandou unha mensaxe clara nesta xornada, unha mensaxe positiva e chea de esperanza.
Con motivo desta xornada, dende o Observatorio do cancro anuncian que o 61 por cento dos novos diagnósticos de cancro no Estado preséntase en maiores de 65 anos, tanto en mulleres como en homes, e un 4 por cento dase en menores de 39 anos. Os datos desta ferramenta estiman que no 2017 se diagnosticaran no Estado 228 mil 482 casos de cancro. O 60 por cnto en homes e o 40 por cento en mulleres.
Inicio PONTEVEDRA