“Sectaria, ineficaz e con moito postureo” así describen dende o PP os 3 anos do Goberno Bipartito

Pontevedra> Ineficaz, sectaria e con moito postureo, así resumiron dende o PP Provincial os 3 anos de Goberno do Bipartito ao fronte da Deputación. Para os populares estes tres anos son os menos transparentes da historia, tres anos, nos que engadiron, conseguiron converter  a Deputación nunha institución inútil.

O acto do balance do PP tivo que ser trasladado á sede do PP Provincial por mor da choiva. Alí numerosos alcaldes e voceiros do Partido Popular da provincia se deron cita para analizar os tres anos de Goberno do PP. Un acto onde o primeiro que tomou a palabra foi o alcalde do PP por certo, do que dixeron que Carmela Silva non quere recibir por chegar ao Goberno a través dunha moción de censura.

Telmo Martín describiu do seguinte xeito estes tres últimos anos do Goberno Bipartido da Deputación de Pontevedra.

O lema 3 anos de ineficacia e sectarismo serviu para que os alcaldes e representantes de colectivos amosaran o que o PP, considera, é a realidade da Deputación de Pontevedra. Así, un a un foron analizando con exemplos concretos e experiencias propias, os discursos e promesas de Carmela Silva. Para os populares a Deputación deixou de ser unha institución útil, de apoio aos concellos, para converterse nun espazo inútil.