Pontevedra>O xerente da área sanitaria de Pontevedra Salnés deu a coñecer esta mañá a actividade do pasado 2017 que de xeito global mantívose estable nos centros de saúde e hospitais, acadando, as tres millóns 382 mil consultas.
O xerente da área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés anunciou esta mañá que o número de ingresos hospitalarios incrementouse, sen embargo a estadía media de hospitalización desta área en 2017 foi das máis baixas de Galicia, con 6,69 días de media. No pasado ano realizáronse 23807 intervencións cirúrxicas. José Ramón Gómez dixo esta mañá que un dos obxectivos de cara ao vindeiro ano é potenciar o proxecto Telea.
En relación ás urxencias, nos puntos de atención continuada, atendéronse máis de 205 mil urxencias, delas o 7 por cento foron derivadas aos centros hospitalarios. Dende a xerencia comprometéronse ademais a cubrir as vacantes e a mellorar esta relación.
O xerente anunciou que dende o 11 de xaneiro garantízase tempos máximos de espera, ademais das 7 vías rápidas, en 108 procesos cirúrxicos e 26 consultas e probas.