As galerías da Oliva reviven polo Nadal

PONTEVEDRA> Obradoiros para nenos e nenas tamén se poden atopar nestes días nas galerías da Oliva. E mentres a rapazada se divirte, os pais poden visitar os postos do mercado alternativo de deseño e arte “Sétima Feira”, que cambia de escenario nesta edición por mor das obras que se están a realizar no primeiro andar da praza de abastos.

As galerías da Oliva énchense de actividade durante o Nadal. A Sétima Feira e obradoiros para nenos e nenas ocupan esta céntrica área comercial ata o 5 de xaneiro.

Ós obxectivos xenéricos de Sétima Feira, de dar visibilidade ó potencial creativo de Pontevedra e promover o seu comercio local, engádese nesta ocasión o de revitalizar este céntrico e emblemático espazo.

Once locais cedidos polos seus propietarios acollen a artistas e deseñadores pontevedreses que amosan o seu traballo.

A oferta de lecer complétase con actuacións musicais. As próximas citas serán o 27 e o 29 de decembro, e o 4 de xaneiro.