Marea presenta tres emendas á nova ordenanza de veladores

Pontevedra> Despois de estar preto dun ano falando da nova ordenanza de veladores, o grupo Marea, presenta hoxe tres emendas para engadir a esta iniciativa que irá a pleno este venres 9 de febreiro. Para Luis Rei o fundamental é recuperar o caso histórico da cidade e non permitir que, esta zona, se converta nun parque temático da hostalería.

Dende hai preto dun ano saíu a palestra a nova ordenanza de veladores, unha ordenanza que este venres irá a pleno e ante a cal dende o grupo Marea presentará 3 emendas. O obxectivo segundo Luis Rei e tratar de darlle vida ao casco vello da cidade e non convertelo nun parque temático da hostalería.

A primeira destas emendas está centrada ao espazo que ocupan os veladores, un espazo que debe convivir con lugar para os peóns e para a vida da cidadanía.  A segunda está centrada na prohibición do uso de estufas de gas nos veladores.

E a terceira centrada en que soamente se permitan os veladores na zona máis próxima aos establecementos.

Tres emendas que se rexistraron hoxe no concello de Pontevedra e que a Marea agarda que o Goberno Local teña en conta para a aprobación final desta ordenanza de veladores.