Rematada a renovación do antigo ximnasio da ONCE

PONTEVEDRA> Pontevedra dá por rematada a reforma do antigo ximnasio da ONCE. A falta de pequenos detalles aínda por completar, a Escola Hungaresa de esgrima e o club Mace Sport de taekwondo estrearán a vindeira semana unhas instalación renovadas. Os traballos centráronse, sobre todo, na mellora da eficiencia enerxética do pavillón e na renovación de equipamentos.

Nova vida para o antigo ximnasio do colexio da ONCE en Pontevedra. O concello dá por practicamente rematada a renovación destas instalación, a falta de colocar un pavimento especial pensado para absorber a enerxía dos impactos e reducir o risco de lesións.

Os traballos centráronse na mellora da eficiencia enerxética das instalación e dos espazos de adestramento e competición e na renovación dos seus equipamentos. Obxectivos que permitiron que as obras se financiaran cos fondos EDUSI concedidos ao concello.

De cumprirse os prazos previstos, a vindeira semana tanto a Escola Hungaresa de esgrima como o Mace Sport de taekwondo estrearán as novas instalación. Hoxe os seus representantes estaban máis que satisfeitos co resultado.

O alcalde destacou tamén outras intervencións que se están a realizar nesa contorna, como a urbanización da zona para conectar o ximnasio co barrio de San Brais, a futura residencia de Amencer-Aspace no Centro Sur ou os campos de petanca e chave.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí