O concello da luz verde á licencia para as obras en Benito Corbal

Pontevedra> A comisión de Urbaniamos deu luz verde esta mañá a licencia de obras do edificio de Benito Corbal, un proxecto que vai, segundo a concelleira desta área, en tempo e forma. Ademais dende esta comisión se deu conta esta mañá que no Polígono do Vao están pendentes duna autorización comercial da Xunta para continuar con todos os trámites.

A comisión de Urbanismo en Pontevedra deu luz verde esta maña a licencia de Benito Corbal. Unha licencia que, segundo a concelleira desta área, vai en prazo e para a que deron todas a facilidades posibles para a súa concesión.

Outro dos asuntos que tamén estivo enriba da mesa nesta comisión foi o polígono do Vao, a concelleira dixo esta mañá que están pendentes dunha autorización comercial que lles ten que dar a Xunta de Galicia.

Anabel Gulías tamén dixo que dende o concello están traballando a favor de que as empresas se poidan instalar na cidade do Lérez co fin de xerar dinamismo comercial.