O atranco dun camión na ponte do tren de Alba obriga a restrinxir o tráfico na zona

PONTEVEDRA> Novo atranco dun camión baixo a ponte do tren ao seu paso por San Caetano na parroquia pontevedresa de Alba. O vehículo quedou atorado a primeira hora desta mañá, obrigando a restrinxir o tráfico durante os traballos para retiralo da calzada.

De feito, o dispositivo impediu o paso aos vehículos que circulaban dende a estrada de Vilagarcía á de Caldas, a Nacional 550. Pola contra, si se permitía a circulación polo carril do sentido contrario.

Os efectivos traballaron sobre o terreo preto dunha hora para poder recuperar a normalidade do tráfico, que se restableceu pouco antes das 10.45 horas.

O gálibo da ponte é de 3,4 metros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí