PONTEVEDRA> Co distanciamento físico implantado xa na nosa sociedade, moitos negocios atópanse actualmente nun limbo. É o caso, por exemplo, das escolas de danza. Moitas conseguiron retomar as súas clases baixo estritas medidas de seguridades e outras moitas atópanse entre a espada e a parede nesta nova normalidade.
Bailar descalzos, coa máscara posta e mantendo as distancias de seguridade. Así é a nova normalidade das escolas de danza. Moitas academias de baile seguen aínda coas portas pechadas tras a crise do coronavirus e outras moitas recuperan a súa actividade pouco a pouco. Un exemplo é Fita Novas.
As medidas de seguridade en escolas coma estas están xa máis que implantadas. A primeira, descalzarse antes de poñerse a bailar.
E se é estraño bailar descalzo, moito máis o é facelo con máscara.
E aínda que a nova normalidade parece que xa chegou ás nosas vidas, en escolas coma estas ven imposible saír adiante reducindo o aforo ata 3 persoas.
A pesar das estritas medidas de seguridade, ningún deles quere deixar de bailar. Porque o baile afecta directamente as nosas emocións e a nosa saúde. Iso que, e agora máis ca nunca, é tan importante coidar.