A campaña “non sexas pirata” busca concienciar ao turista ante o “furtivismo”

Pontevedra. A conselleira do Mar presentou  nas Rías Baixas a campaña non sexas pirata. Unha iniciativa que ten como fin sensibilizar aos turista ante o furitivismo. Unha campaña que busca que o turismo goce dos nosos areais e tamén que respecte o medio ambiente.

Rosa Quitana estivo esta mañá na praia de Raxó onde estaba instalado o stand da campaña Non sexas pirata!!! Unha iniciativa que busca potenciar entre o turismo que non se pode coller marisco das augas, que para isto xa hai profesionais que pagan os seus impostos e se adican a iso que son as mariscadoras.

O que buscan con esta campaña é que o turista desfrute das nosas praias e respecte o medio ambiente.

Unha campaña que se levará por 21 concellos das costas galegas e estará presente en 35 praias. O obxectivo principal loitar contra o furtivismo. A conselleira anunciou que no pasado ano se sacaron, nas Rías Baixas, máis dunha tonelada de produto de maneira irregular.