5.500 visitantes na I Feira da Enerxía de Galicia

GALICIA> A Feira da Enerxía de Galicia pecha a súa primeira edición cunha afluencia que supera os 5.500 visitantes entre profesionais e consumidores. O evento, no que participaron 241 firmas de 16 países, contou cun programa de máis de 70 conferencias e actividades.

 

Un total de 5.500 profesionais e consumidores do sector enerxético pasaron esta semana pola Feira da Enerxía de Galicia que tivo lugar no recinto feiral de Silleda. Máis de 240 firmas de 16 países diferentes que se deron cita e entre os que se encontraban moitas das máis importantes do sector de España, Portugal e Francia.

Nun espazo de 11.000 metros cadrados os expositores amosaron as últimas novidades en produtos e servizos de enerxías renovables e convencionais, eficiencia enerxética, electrónica industrial, iluminación e outros. Unha área expositiva que se complementou cunha programación que abrangueu unhas 70 actividades e conferencias.

A organización valorou moi positivamente a participación de expositores e visitantes e as impresións recibidas sobre o contido e o programa do certame, polo que se amosaron moi satisfeitos con esta primeira edición.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/18/feira_enerxia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/18/feira_enerxia.mp4{/flowplayer}